Licenza para rir

Licenza para rir

01 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Licenza para rir” é un dos obradoiros ofertados polo concello de Fene neste 2014 trinta aniversario do Museo do Humor. Destinado a maiores de 18 anos, “Licenza para rir” dispón de 15 prazas e cuarenta horas de duración total.
Comezará o 14 de outubro, a razón de duas sesión mensuais, e desenvolverase nas instalacións do Museo do Humor cun custe de 15,70 euros.

Coñecer as potencialidades terapéuticas da risa. Utilizala como unha ferramenta favorecedora da comunicación e axudar ao noso corpo e mente a afrontar positivamente calquera situación de estres utilizando a risa como cura. É este un resumo de intencións deste obradoiro que en cada sesión, de duas horas e media de duración, sucederase dun xeito determinado que comeza coa pregunta ¿como veño hoxe? E remata con outra ¿Cómo marcho hoxe?

No medio discurrirán dinámicas grupais de preparación de corpor  mente para a risa. E mesmo exercicios de ioga e risoterapia. Ata o vindeiro luns día 6 de outubro permanece aberto o prazo de matrícula neste obradoiro. Realízase nas dependencias administrativas do pavillón A Xunqueira de San Valentín.

Sociedade