ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Liderado e condicións de vida dos deportistas profesionais son temas abertos a debate. Tipos de liderado hai moitos e no mundo do deporte están estudados. Do liderado e dos sacrificios que require o deporte profesional falamos no espazo Vilanova de Radio Fene co psicólogo e adestrador físico José Barcia Tuccelli.
“Ser líder non é o mesmo que ser xefe, liderar é poñerse diante dun grupo para marcar un camiño. o líder non ten subordinados, como o xefe, ten seguidores”, aclara Barcia Tuccelli. “Todas as persoas poden mandar, non todas poden ter seguidores”, remacha. Sobre os distintos tipos de liderado, os máis coñecidos son o autocrático, que obriga, e o democrático, no que as decisións se toman por consenso. Pero non son os únicos, Tamén hai o que pon obxectivos de rendemento e premia ese rendemento, o que busca inspirar, o que pon o foco nas habilidades ou o carismático.
Tocante á dedicación que require a práctica profesional do deporte o primeiro é “atopar o equilibrio para que a persoa estea sa tanto a nivel físico como emocional”. Agora ben, no caso do deporte espectáculo “se queremos ser profesionais en contextos tan esixentes hai que asumir unha serie de coidados que se asentan desde as escolas deportivas”.
Publica o teu comentario agora