Lidia India: "A música pode ser moi transformadora"

Lidia India: "A música pode ser moi transformadora"
28 de Decembro, 2022 - 10:14 h. | Publicada por Radio Fene

Lidia India é unha cantora e compositora da comarca de Ferrolterra. Residiu no Brasil e noutros países de Sudamérica. Fai música de raíz galega influenciada polos ritmos afrobrasileiros. Quere eliminar diferencias e fronteiras e apostar polo que nos une.   A música pode ser moi transformadora, para Lidia India. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Lidia India coa banda Latexo produciu neste 2022 o álbum "Nas rúas" no que inclúe nove cancións da súa autoría. Tamén participan César Yañez (batería) Jorge Medina (teclado) Tonino (baixo eléctrico) e nas percusións Andrés Rivero, Irene Visos, Claudia Maín e Bea González. Quere aportar novos sons ás músicas do mundo e as músicas de raíz. Traballa xa nun novo álbum.

 

Fotografía Xan Xe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora