Lidia Senra traballará no seu posto no mercado da Coruña durante a xornada de reflexión

Lidia Senra traballará no seu posto no mercado da Coruña durante a xornada de reflexión

23 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

A candidata de Alternativa Galega de Esquerda ao Parlamento Europeo, Lidia Senra, pasará a xornada de reflexión de mañá sábado traballando no posto de alimentación que rexenta no mercado de abastos da Praza de Lugo da Coruña. Hoxe, Senra e a deputada de AGE Eva Solla participaron en Vigo nun acto para denunciar a privatización dos servizos públicos. Diante das obras do novo hospital da cidade olívia, &ldq

“A nosa liña de traballo no Parlamento Europeo será de compromiso claro ca loita para que a cidadanía galega poida dispoñer de servizos públicos, de calidade, gratuítos e de acceso universal”, subliñou Senra,  “así como loitar para que anule a débeda contraída polo Estado español para pagar os desperfectos causados pola banca”, xa que “se os orzamentos seguen tendo a prioridade de pagar a débeda non só se seguirán desmantelando os servizos públicos senón que seguirán abrindo as portas á privatización”.
 
Ademais, Senra destacou que un dos aspectos máis controvertidos do tratado de libre comercio que se está a negociar entre a UE e EEUU é “o establecemento da irreversibilidade das privatizacións, o que faría moi difícil que algún goberno puidera voltar recuperar aqueles servizos que sexan privatizados nalgún momento”.
 
Neste senso, a deputada Eva Solla presentou o texto como “un compromiso da nosa coalición cos servizos públicos, ca reversión da privatización de servizos que estamos a sufrir toda a cidadanía, e compromiso tamén de loitar contra a implementación do tratado de libre comercio que de ser aprobado suporá a privatización de todos os servizos públicos”.
Solla denunciou tamén a modificación do Artigo 135 da Constitución, “que prioriza os pagos á banca en lugar dos servizos públicos, que está propiciando que hospitais como o de Vigo estean sendo privatizados en troques de ser do pobo e para o pobo.”
 
Valoración da campaña
Consultada polos medios de comunicación ao respeito da súa valoración da campaña electoral, a candidata de AGE á Eurocámara evaluou tamén positivamente a campaña no relativo a coñecer máis fondamente algunhas das demandas e loitas dos colectivos sociais da Galiza, así como o calor e participación ca que se foron desenvolvendo os actos públicos.
Na parte negativa, Senra criticou “o apagón informativo que se pretendeu facer desta campaña, tanto por parte dos grandes medios de comunicación como pola decisión da Junta Electoral Central de establecer a prohibición da chamada directa ao voto na propaganda institucional elaborada polo Parlamento Europeo.”
Institucional