ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Lidl abrirá supermercado en Vilar do Colo. A nova área comercial sumarase ás xa abertas por Mercadona e Gadis no parque empresarial de Fene. Xa conta con licenza de obra cun investimento que ronda o millón setecentos mil euros. Creará trinta empregos directos. A construción da nave comezará de inmediato na parcela situada ao pé de Noa, madeira creativa.
As previsións da multinacional alemá contan con abrir a nova superficie en Vilar do Colo entre os meses de marzo e abril. Na actualidade Lidl, conta con 22 supermercados abertos en Galicia. Pertence ao grupo Schwarz fundado en 1930.
Na imaxe, parcela de Vilar do Colo na que se abrirá o supermercado Lidl
Fotografía Xan Xe
Comentarios
Estoy deseando que abran
Turismo de supermercado
Publica o teu comentario agora