ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O equipo de Boccia ADM disputará este sábado 12 de marzo o segundo encontro da liga Autonómica de Boccia no pavillón da Xunqueira (San Valentín - Fene). O club ferrolán conseguiu bos resultados na primeira xornada celebrada nas Lagoas así que marcha en primeiro lugar nas categorías BC1 e BC2 e, en terceiro e cuarto posto na BC3. A xornada arrincará ás 10:00 horas, con partidos simultáneos correspondentes ás categor&iacu
Esta é a segunda, de tres xornadas, das que consta a liga Autonómica de Boccia, formada por 13 deportistas, nas que participan os clubs, Tamiar APAMP (Vigo) e ADM (Ferrol), que loitan por clasificarse para o campionato de España de equipos, que este ano se celebrará a finais de xuño en Pinto (Madrid). Así mesmo, o grupo de voluntariado inclusivo da ASCM encargarase de realizar as tarefas de arbitraxe e control de tempos, ademais de exercer de auxiliares dos xogadores nos partidos, labores fundamentais neste deporte.
Por segundo ano consecutivo, un grupo de alumnos do colexio La Salle de Ferrol, formará parte do voluntariado a través da iniciativa de Voluntariado Galego, Pasaporte Solidario, na cal colabora a ASCM impartindo cursos de formación de boccia.