Limodre celebra as Letras coa música máis nova

Limodre celebra as Letras coa música máis nova

23 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Limodre adica a XM Díaz Castro as letras galegas que celebran esta tarde con recital de poemas do homenaxeado a cargo do grupo de teatro da parroquia. Para o presidente da AVV, Xesús Bello, os poemas de Díaz castro foron todo un descubrimento. Nos ensaios emocionouse con Penélope.

As cantareiras da Liga de Amigos de Barallobre porán parte da música, a outra parte son tres mozos , excelentes intérpretes de gaita, zanfona ou acordeón: María López- nena de 10 anos. Gabriel Gómez de 19 e Serafín Santamariña de 17 anos.
O presidente , Xesús Bello, quere con este concerto dar a coñecer aos intérpretes emerxentes no seu escenario de Limodre.
Os actos comenzan no local Juan varela, ás 20h.

Sociedade