Limparán de forma simultánea 25 ríos de Galicia

Limparán de forma simultánea 25 ríos de Galicia

23 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 300 voluntarios participarán nunha histórica acción impulsada polo Proxecto Ríos da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA. O domingo 3 de outubro, organizan a limpeza simultánea de 25 ríos espallados por toda Galicia. O ano pasado levouse a cabo unha acción similar, ainda que daquela só se chegou a 15 canles fluviais.

O 3 de outubro levarase a cabo a terceira xornada de limpeza simultánea de ríos en 25 concellos espallados por toda Galicia. Unha xornada na que participarán membros do Voluntariado Verde de Ordes, promovido pola Concellería de Medio Ambiente, e que contará tamén coa colaboración de 'Proxecto Ríos'.

Os organizadores do proxecto convidan a todos os veciños que queiran participar que o poden facer, inscribíndose antes do 30 deste mes no departamento de Medio Ambiente, situado no segundo andar da Casa do Concello. O punto de encontro para todos será no río Cabrón ás 11 horas, concretamente  no cruce da carretera comarcal AC 224 que vai dende Ordes a Lanzá coa pista que vai hacia A Gorita.

Según palabras do Concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira: "Dende o Concello invitamos a esta Limpeza do Río Cabrón, a todas aquelas persoas que queiran contribuir a preservar o medio ambiente, en concreto os ríos, que son unha fonte de conservación da biodiversidade do noso Concello" .

O ano pasado, cun total de 15 concellos participantes, unha ducia de veciños e veciñas de Ordes participaron na xornada de limpeza. Ésta tamén se desenvolveu no cauce do río Cabrón, concretamente nun tramo de tres quilómetros. Del sacáronse todo tipo de obxetos, incluindo  neumáticos, plásticos, ferros, electrodomésticos, e mesmo restos dunha cociña e dunha motocicleta. Neste sentido o concelleiro de Medio Ambiente chama á reflexión dos veciños e veciñas de Ordes e lembra a existencia do Punto Limpo a carón do tanatorio do Balado, espazo onde se poden depositar tanto plásticos agrícolas coma electrodomésticos.

Informes e adopcións
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos cauces fluviais. Preténdese con elo inspeccionar o estado dos ríos por parte de persoas ou voluntarios locais, co obxectivo final de facerse responsábeis da súa vixianza, como mínimo dúas veces ao ano.

Coa información recabada elaboraranse informes anuais cos datos subministrados por todos os participantes nas distintas campañas.  Os grupos que o desexen tamén poden participar no Programa de Adopción de Ríos, mediante o cal se fan responsábeis de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.

Sociedade