Limpeza de canles

Limpeza de canles
15 de Xullo, 2026 - 02:51 h. | Publicada por Radio Fene

Labores de conservación fluvial en máis de 1 quilómetro do río Magalofes e do regato Foxas, en Fene. Desenvólvense o traballos, que leva a cabo Augas de Galicia, en varios lugares das parroquias de Perlío e Sillobre, e consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos.

 

Os traballos, que se prolongarán durante catro semanas, realizaranse coa aplicación de motoserras, rozadoiras, podadeiras e outras ferramentas manuais, que contarán co apoio de maquinaria de maiores dimensións como unha minidumper e un tractor.   Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección. Neste caso trátase ademais do mantemento de zonas catalogadas como de alto risco potencial significativo de inundación. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora