Limpeza de praias

Limpeza de praias
14 de Febreiro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene logrou máis fondos da Deputación da Coruña para a limpeza das praias do municipio con vistas ao próximo verán, segundo informou a concelleira de Medio Ambiente e voceira de Radio Fene, Mari Carmen Martínez. 

ESCOITA O PODCAST:

Fene contará con algo máis de 14.000 euros de axuda da Deputación provincial este ano para manter limpas as praias durante a temporada de verán. Son máis cartos que o ano pasado cando foron 8.000 euros. Aínda así, o Concello terá que investir fondos propios para atender a limpeza dos arenais, que non baixa dos 21.000 euros, explicou a Mari Carmen Martínez, que anunciou a próxima licitación do servizo. 

Punto Limpo

Satisfacción da concelleira de Medio Ambiente pola acollida do Punto Limpo que no futuro podería incorporar un contedor para depositar roupa usada. Sinalou tamén que, polo momento, manterase a recollida de voluminosos, pero a idea é reducilo máis adiante. 

Plantar patacas

“Estamos igual que o ano pasado”, dixo a responsable municipal de Medio Ambiente, respecto da corentena pola praga da couza guatemalteca. Nas parroquias de Maniños e Barallobre non se poden plantar patacas, mentres que nas limítrofes Limodre, Magalofes e Perlío poden botarse patacas solicitando autorización previa. “Teñen que comunicalo, aquí no Concello teñen o documento para cubrir e envíase á Xunta sen problema ningún”.

Institucional

Publica o teu comentario agora