Limpeza de ríos e uniformes

Limpeza de ríos e uniformes
16 de Xullo, 2026 - 05:01 h. | Publicada por Radio Fene

Os traballos de limpeza nos ríos que está a realizar Augas de Galicia e o vestiario da Policía Local son dous dos temas dos que falou o voceiro municipal do Partido Popular, Gumersindo Galego, este xoves no espazo As Foxas. 

ESCOITA O PODCAST:

“Ao río Magalofes faille moita falta”, dixo Gumersindo Galego ao comentar os traballos de Augas de Galicia en Perlío e Sillobre para limpar de vexetación algo máis de un quilómetro do río Magalofes e do regato Foxas. “Antes os ríos estaban máis limpos e había menos perigo de inundacións”, agora os propietarios non fan esas tarefas de mantemento entre outras cousas polos problemas de autorización de Augas de Galicia, comentou o voceiro do PP no Concello. 

Indicou tamén que no pleno deste mes preguntaron “canto tempo fai que non se dota de uniforme á Policía Local”. Gumersindo Galego lamenta ter que agardar ata o próximo pleno para que lle contesten. E pediu “que espabilen co centro de saúde, non vexo interese nin avances, teño que ser pesimista”.

Institucional

Publica o teu comentario agora