Linguas simultáneas

Linguas simultáneas
17 de Maio, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

As editoriais veñen desde hai tempo explorando a posibilidade de editar un libro simultaneamente en varios idiomas. Aproveitanse as sinerxias e se chegan a mercados máis amplos economizando custes. Pero semella imprescindible coñecer e ter penetración previa en mercados distintos e diferentes. Antía Yáñez ven de realizar unha experiencia desas caracteristicas coa súa última novela. A escritora encargouse de verquer "Non penses nun elefante rosa" ao castelán. É unha cousa que non lle desexa nen ao seu pior nemigo. O libro publicouse simultaneamente en galego, castelan e catalán. Unha experiencia nova para ela. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

"É a primeira vez que me sae un libro en tres linguas diferentes. Sempre hai un pouco de medo por saber como reaccionará o público nun mercado no que eu non estaba" afirma a escritora. 

Cultura

Publica o teu comentario agora