ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A literatura galega de hoxe é esa voz que vai sempre por diante, aborda o tema das doenzas mentais, con gran presenza nas nosas vidas e cada vez máis despois deste ano e medio de pandemia, segundo a escritora e profesora Mercedes Queixas. Refírese a “Os incurábeis”, unha novela accesible para todos os públicos. "Antonio Tizón útiliza unha linguaxe, unha expresión, un estilo moi fresco. Os paseos literarios teñen tradición e pegada e nestes tempos de pandemia revélanse como unha ferramenta util para favorecer o contacto coas obras e cos autores, incentivando a lectura. Sempre é unha especie de descuberta poder acompañar a lectura dun libro, dos escenarios reais. Vólvense os ollos atrás, camúflase a cidade e reconciliámonos cos espazos. Vivimos con demasiada presa e a literatura convídanos a facer outra mirada" apunta. O marco actual da cidade da Coruña, do barrio dos Castros, serviu o pasado sábado de base física para a realización dunha camiñada literaria polos escenarios da novela “Os incurábeis” de Antonio Tizón.
Unha muller aparece asasinada no barrio dos Castros da Coruña nunha noite de 2001, o ano no que crebou o mundo tras o 11-S. O inspector Sánchez acomete a investigación. Comeza así o argumento da novela negra de Antonio Tizón “Os Incurábeis” que tamén xira en torno ao trastorno bipolar dun dos protagonistas. Sobre os escenarios do libro, celebrouse o pasado sábado un paseo literario. A camiñada empezou no hospital de Oza.
Comentarios
Un paseo literario, con un
Hi, Eric here with a quick
Publica o teu comentario agora