Liorta de Amores

Liorta de Amores
24 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Liorta de amores e Celos do Aire. Son as dúas obras cómicas da autoría de Andrés Picallo que este sábado pon en escena a Agrupación Artística Agarimo de Sillobre. Servirá de homenaxe ao autor e activista teatral falecido en agosto de 2022. Dirixe a obra Aurelia Picallo. Ao remate haberá a tradicional queimada. 

ESCOITA O PODCAST:

Rescatamos do Arquivo Sonoro de Radio Fene palabras de Andrés Picallo falando do seu compañeiro Juan López Allegue:
http://173.255.131.18/audio/230523PICALLO.mp3

Andrés Picallo en Radio Fene

Picallo falaba en 2019 do seu compañeiro Juan López Allegue. Ao representar a obra querían facerlle unha homenaxe ao membro do elenco teatral que faleceu naquel ano despois de 47 anos de afección e entrega ao teatro. 
Andrés naceu en Sillobre en 1931. Director teatral e actor afeccionado, dirixiu o elenco teatral da Sociedade Agarimo. Traballou en Astano e colaborou con distintas iniciativas culturais. Era un profundo coñecedor da historia de Sillobre. Teatro en Sillobre de clausura das Letras Galegas. As nove da noite do sábado no local da Sociedade Agarimo. 
 

Cultura

Publica o teu comentario agora