A literatura abrindo as murallas

A literatura abrindo as murallas

07 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, reúne este sábado 11 de xuño no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo das 9:30 ás 19:30 h, a persoeiros da cultura galega nunha xornada que leva por título “Escritores polo Territorio”. Os encargados de abrir este acto serán o Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo en funcións, Antón Bao e a Presidenta de ADEGA Vir

O encontro de escritores está enmarcado dentro da campaña “Ponte no Medio. Móvete polo Territorio” que está levando a cabo ADEGA ao longo deste ano a través de accións culturais, reivindicativas e xurídicas pola defensa do noso Territorio fronte a desfeita especulativa do sector privado e coa apoio dunha administración indoente. “Ponte no Medio. Móvete polo Territorio” defende unha ordenación sustentable e unha alternativa posible de futuro.

O acto cultural deste sábado 11 de xuño tratará de tocar estes temas urxentes desde un punto máis literario a través dos ollos dos creadores e creadoras da nosa terra cunha visión cargada de lirismo e de arte vencellada inevitablemente ao territorio no que viven.

A primeira palestra, “A literatura oral do territorio”, analizará o mundo da nosa tradición oral máis anterga como elemento de conservación da identidade e do territorio das persoas que nel habitan. Os escritores Ana Carreira e Xoán R. Cuba serán neste caso os relatores desa nosa historia literaria oral, moderados polo director do Museo Provincial de Lugo, Antonio Reigosa.

Nunha segunda mesa de debate, “Os nomes do territorio. A Toponimia”, abordaranse os cambios na toponimia galega: nomes de cidades, pobos, parroquias e o mal uso que moitas veces se fixo destes ao longo da historia, calados e aldraxados por linguas alleas que mudaron a paisaxe territorial. Esta perpectiva da Tradición Oral, Arqueolóxica e Histórica será o tema no que intervirán os investigadores de toponimia Xulia Marqués e Gonzalo Navaza, moderados polo escritor Xosé Miranda.

A mesa de debate, “Cambios no uso das ciudades”, estará representada por Paco Matín e María Reimóndez, acompañados de Isidro Novo, escritores de diferentes xeracións (1940, 1951, 1975) que contarán as súas vivenzas e lembranzas da cidade. Será un relato costumbrista dos cambios no territorio nos últimos 75 anos.

O encontro estará amenizado pola coral LUGH, dirixida por Fernando García Jácome e por un grupo de música galega tradicional.

Para pechar a xornada, os autores como Pilar García Negro, Adela Figueroa Panisse e Xurxo Souto participarán na cuarta mesa titulada “O meu territorio na miña literatura”. O seu relato  será un percorrido polas diferentes percepcións das cidades onde traballaron e viviron e os cambios que constatan esa sinerxia entre literatura e o espazo no que o autor ou autora elabora a súa obra.

A clausura destas xornadas dará paso as conclusións e o debate aberto entre escritores e achegados ao lugar.

Cultura