Literatura e vida

Literatura e vida
03 de Maio, 2022 - 08:22 h. | Publicada por Radio Fene

Un libro onde a literatura e a vida se mesturan. Así é “O caderno de Daia”, o poemario de Luís Gustavo Cuntín que aparece na colección Onsa_3 de Chan da Pólvora Editora. A elaboración dos versos iniciouse en febreiro de 1975, cando Luís coñece a unha compañeira de estudos. Os poemas foron nacendo dirixíndose pouco a pouco, á personaxe sublimada máis que á persoa. Pechouse definitivamente en 2008.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Luís Cuntín decatouse de que tiña un volume de poemas que xiraban en torno á búsqueda da amada. Un poemario é como un mosaico que nace de poemas soltos. O vindeiro xoves escoitaremos no clube de leitura da Fenestra de Radio Fene Radiofusión a conversa con Luís Cuntín en torno ao seu libro de poemas. Participan na conversa Arturo Regueiro e Xavier Pérez Carrasco.

Cultura

Publica o teu comentario agora