Literatura para adultos

Literatura para adultos
29 de Xaneiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Un cadáver exquisito” e “Sistemas críticos. Los diarios de Matabot 1”. Son dúas novelas de terror e ciencia ficción, respectivamente. para adultos, de fácil lectura e moi ben valoradas  que presentou Juanma Sánchez no espazo Cáprica de Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Crítica á deshumanización da sociedade” no libro “Un cadáver exquisito”, destaca Juanma Sánchez. A novela da autora arxentina Agustina Bazterrica vai pola decimo quinta edición. Conta unha historia arrepiante. Situada nun mundo no que un virus acabou con todos os animais aos humanos non se lles ocorre mellor idea que optar polo canibalismo e crian xente que lles sirva de alimento. 

Ciencia ficción e tamén moito de comedia na obra de Martha Wells “Sistemas críticos. Los diarios de Matabot 1”.  O protagonista é un robot contratado para facer labores de seguridade nunha nave espacial. “Hackeouse e tomou conciencia del mesmo, ten conciencia humana pero ten que disimulala”, explica Juanma sobre o protagonista dunha novela gañadora dos principais premios de ciencia ficción.

Sociedade

Publica o teu comentario agora