LM Composites podería anunciar mañá o peche definitivo

LM Composites podería anunciar mañá o peche definitivo

15 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A dirección e o comité de empresa da planta do sector eólico LM Composites das Pontes (A Coruña) manterán mañá luns unha reunión que podería convertirse en definitiva. Os sindicalistas agardan que a compañia presente un Expediente de extinción de contratos para a totalidade dos 90 traballadores da empresa, o que supoñería o peche total dunha factoria que xa funcionou este ano á metade da súa capacidad

De confirmarse estas negras previsións, comezaríase a negociar o peche definitivo da planta. Os traballadores rexeitaron un novo expediente de regulación de emprego (ERE) para o 2010. A medida afectaría á totalidade do plantel durante os primeiros catro meses do ano, e posteriormente, ao 50 por cento dos traballadores en dous turnos de catro meses. Moitos empregados quedarían sen prestacións por desemprego, cando non está asegurado que a empresa poida continuar aberta no 2011. LM Composites xa aplicou EREs nos anos 2008 e 2009 e unha nova regulación despertou tamén dúbidas na Inspección de Traballo. Os sindicatos agardan que a empresa lles propoña unhas "condicións dignas" de rescisión de contratos para os traballadores, ainda que isto supoña o peche definitivo da planta ubicada no polígono de Os Airíos. A fábrica de compoñentes de aeroxeneradores carece practicamente de novos contratos. En As Pontes tan só se poden fabricar pás de ata 29 metros, cunhas dimensións inferiores ás que demanda gran parte do mercado actual.

Sociedade