LM Composites reclama o apoio da Corporación

LM Composites reclama o apoio da Corporación

09 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Os traballadores de LM Composites en As Pontes seguen a tocar en tódalas portas na busca de apoios diante do difícil panorama que se lles presenta para dar continuidade ó seu traballo máis aló do hourizonte de fin de ano, cando remata o Expedente de regulación de emprego ó que foron sometidos. Esta mesma mañá solicitaban a convocatoria dun pleno extraordinario no concello para abordar a situación dunha empresa que leva case un ano sometid


En todo caso semella ben difícil se non se aborda unha ampliación para poder asumir a elaboración de pás de maior envergadura que os 29 metros que agora teñen como tope cos moldes actuais e as limitacións de espazo ás que se enfrontan.
A pasada semana celebraron dúas asembleas cos traballadores, nas sés dos sindicatos UGT e CIG nas que os representantes do Comité informaron a toda a plantiña das negociacións abertas para estudiar a viabilidade de apertura dunha nova fábrica.
Tamén o xoves se amntivo unha reunión co responsable local do PP, Juan Pico para solicitarlle a súa intermediación diante dos novos responsables da Consellería de Industria, logo do troco no goberno galego.
Anque os apoios seguen aí, canto a poder dar respostas concretas por parte dos responsables da empresa, e é que non se puido aportar nada novo, pois estase á espera de que a dirección internacional se posicione canto á oferta de darlle facilidades para continuar en As pontes cunhas instalacións que permitan a elaboración de pás axeitadas ás condicións que hoxe esixe o mercado eólico.
Emilio Agra, presidente do comité de empresa, lamentaba que aínda non houbera pronunciamento algún, e se ben non se desbota a posibilidade que se está a propoñer dunha nova fábrica, a empresa é reticente a investir neste intre en que alegan que teñen pouca saida para a producción que sacan xa en España, e os seus obxectivos pasan por outros mercados.As novas que chegan dende outras factorías da compañía non son precisamente alentadoras.
En ordes, onde LM ten un taller de reparación de compoñenetes eólicos, a empresa ven de pechar este xoves esta instalación.
A danesa LM Glasfiber, está a investir fortemente en mercados coma o chino, e o indio, e ten plans de asentamento tamén nos EEUU, polo que se teme que tras desta restructuración que afecta ás súas instalacións en España, estea un obxectivo real de delocalización.
O taller de Ordes levaba tan só tres anos funcionando e contaba cun cento de empregados.
A confirmación o xoves dete peche sentou como unha lousa entre o colectivo pontés que traballa para esta mesma compañía.
Agora mesmo, coa ameaza sobre a fábrica de LM en As Pontes, as dúas únicas que semella poden seguir entrando nos plans de futuro da multinacional serían as de Ponferrada e Castellón, se ben a empresa tamén alega que teñen os stocks xa saturados, pero que contan con máis posibilidades de acceder a mercados nos que as limitacións da pranta de Os Airíos impiden competir á do noso município.

 

Sociedade