Lobos doentes na Ribeira Sacra

Lobos doentes na Ribeira Sacra
30 de Xaneiro, 2023 - 08:26 h. | Publicada por Radio Monforte

A novela Lobos doentes preséntase na Ribeira Sacra nun acto literario-gastronómico o sábado 11 de marzo. O autor do libro Antonio Tizón intervirá no evento acompañado de Anxo Angueira, Xosé Luis Axeitos, Eugenia Sanmartín, Henrique Sanfiz e Fernando González.

ESCOITA O PODCAST:
Lobos doentes. Presentación en Santiago de Compostela

Comezará ás 12,15 da mañá na Adega Algueira (Doade - Sober) coas disertacións acerca da cuarta novela da serie Sánchez Pereiro. As 14 horas terá lugar un xantar con pratos maridados con viños de Algueira. Hai trinta e cinco prazas que se cubrirán por orde de inscrición. A reserva, cun prezo de 50 euros por persoa, inclúe o xantar, os viños e o desprazamento en autobús desde A Coruña. A inscrición pódese realizar en atizon@live.com 
Edicións Xerais publicou a novela de Antonio Tizón “Lobos doentes” no presente mes de xaneiro. Simultaneamente Radiofusión emite o podcast do mesmo título todos os dias de luns a venres ás 9,15 da mañá e as 9,15 da noite. Na trama o policía Sánchez Pereiro transformase nun lobo doente que loita pola supervivencia. Tizón afonda na temática recorrente da vinganza co marco histórico dos atentados terroristas do 11 de marzo de 2004 en diferentes trens de Madrid. 

 

Fotografía Xan Xe

Presentación do pódcast Lobos doentes. Vide vide. Santiago de Compostela. 29 de novembro de 2022

Cultura

Publica o teu comentario agora