Locutores de Moeche

Locutores de Moeche
13 de Novembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A rapazada de quinto e sexto do CEIP San Ramón de Moeche amosou un gran talento radiofónico nas gravacións realizadas en Radio Fene con motivo do peche do ciclo de formación Onda ODS.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

Fotografía: Xan Xe Corral

Dende o pasado 14 de outubro, o alumnado deste centro escolar situado en Moeche ven realizando o ciclo de formación radiofónica enmarcado no proxecto Onda ODS no que participa Radiofusión. A creatividade e a iniciativa destes 15 rapaces e rapazas non deixou indiferente á encargada de impartir estes obradoiros, a xornalista Susana Falcón. “Dende o primeiro día, tódolos alumnos e alumnas do CEIP San Ramón amosaron unha grande interese por aprender as ferramentas para converterse en comunicadores e facer máis programas de radio na emisora escolar, Radio 23. Ademais, propuxeron gravar textos dando a coñecer as moitas iniciativas que poñen e practica como a súa propia canle de youtube, un servizo de contacontos e un rap moi exitoso sobre a educación vial. Tamén quixeron poñer en valor as cualidades do Concello de Moeche creando orixinais cuñas publicitarias sobre as fabas deste municipio ou invitando á xente a vivir e visitar Moeche destacando as ventaxas do rural”. Logo de catro sesións de tres horas de duración cada unha delas realizadas no propio centro escolar, o alumnado do CEIP San Ramón visitou ás instalacións de Radio Fene onde as súas voces soaron coma os dos auténticos locutores e recibiron os seus diplomas por ter participado neste ciclo de comunicación radiofónica.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora