Loita contra o lixo mariño

Loita contra o lixo mariño
20 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Cabichas, envases de alimentos ou elementos relacionados coa pesca son algúns dos milleiros de residuos que acaban no mar e que ameazan de xeito moi intenso aos ecosistemas terrestres e mariños, ademais da saúde humana. O CEIDA ten en marcha un programa de educación ambiental que loita contra esta importante problemática. Sobre él falamos hoxe en Onda ODS.

ESCOITA O PODCAST:

A meirande parte dese lixo está a provocar problemáticas ambientais moi graves que resulta necesario mitigar e reverter. “As nosas aves xa están dixerindo e introducindo plásticos no seu organismo que, por sorte, algún deles conseguiron expulsar polas mostras que nós atopamos en boliñas que deberían ter patas de cangrexo e tiñan plásticos. Tamén hai moito lixo que chega polo váter. Aínda a día de hoxe seguimos tirando polo inodoro cousas que non debemos e que rematan no mar”, explica Laura Calvo, educadora do Programa de Educación, Capacitación, Divulgación e Participación Ambiental para unha transición ecolóxica desenvolvido polo CEIDA, en Onda ODS.

Sociedade

Publica o teu comentario agora