ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"O consentimento trata dun cambio fundamental nas relacións sexuais entre as persoas. De abandonar o modelo centrado no home e os seus desexos, no que as mulleres só serven para compracer, para poñer o foco no desexo e na vontade das partes implicadas. Un novo modelo que debería comerzar na educación afectivo-sexual da infancia e da mocidade (por agora practicamente inexistente). Para que o consentimento sexa real este debe ser libre, desexado, específico, informado e reversible" afirma a licenciada en Ciencias Políticas Luca Chao, autora do libro que ven de publicar a Editorial Galaxia "Feminismo en cen palabras".
Radiofusión emite neste mércores 8 de marzo ás 11 da mañá unha conversa de 40 minutos de Luca Chao, con Susana Falcón, Antonio Tizón e Henrique Sanfiz.
"Quen decide escribir un libro como este faino dende o convencemento feminista, ese ideal revolucionario en virtude do cal todas as persoas somos iguais" afirma Luca Chao no seu libro.
Publica o teu comentario agora