Loita por un emprego estable

Loitan por un emprego estábel
28 de Outubro, 2022 - 02:43 h. | Publicada por Radio Fene

As traballadoras das escolas infantís da Galiña Azul, dependentes da Xunta de Galicia,  reclaman estabilidade laboral nos seus postos de traballo. E queren que o procedemento de consolidación sexa xusto. Levan meses con protestas sen que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social, dea solución ao conflicto. 

ESCOITA O PODCAST:

En Fene hai dúas escolas da rede da Galiña Azul. En Barallobre, no camiño do Carril, e na rúa da Torre de Perlío, que teñen problemas semellantes aínda que o xeito de acceso do persoal foi diferente. Nuria Noya e Iria Flavia Fraga, da escola infantil de Perlío, explicaron as súas reivindicacións na Fenestra de Radio Fene. “Levamos quince anos en fraude de lei”, aseguran. Nos últimos meses están a realizar xornadas de folga para presionar na negociación do procedemento para a estabilización laboral. Queixanse dos servizos mínimos, que teñen denunciado porque os consideran abusivos. "Somos dúas mestras, seis educadoras e unha persoa de servizos xerais. Entramos despois de superar un exame no ano 2007, con un contrato por obra e servizo. Despois de reclamar, en 2009 conseguimos que nos deran a indefinición”, explican. “Reclamamos os nosos dereitos, porque estamos en fraude de lei, a lexislación europea obriga a dar estabilidade aos empregados públicos, así que agora suponse que vai haber unha consolidación por méritos”. Teñen convocadas xornadas de folga ata final de ano porque aínda está sen pechar o procedemento para a estabilización laboral nas galescolas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora