Loitadores pola democracia

Loitadores pola democracia
11 de Xaneiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Guerrilleiros antifranquistas, loitadores pola democracia. O responsable de memoria histórica do BNG, Carlos Babio, presentou o manifesto subscrito por historiadores e investigadores no que sinalan que toda a sociedade debe avergoñarse dun golpe de estado -o do 18 de xullo de 1936- que conculcou a libre vontade do pobo expresada nas urnas. Cómpre condenar o réxime franquista, que baseou a súa supervivencia na eliminación física e cruel persecución de toda discrepancia política e cultural. A xente da guerrilla non eran bandoleiros nin delincuentes. Escaparon ao monte para fuxir da represión da ditadura, segundo lembrou Carlos Babío.

ESCOITA O PODCAST:

Ademais do manifesto, presentouse o acto de homenaxe á guerrilla antifranquista que se desenvolverá o sábado 23 de setembro en Cabanas. O BNG quere fixar o 27 de setembro como Dia de Homenaxe á Guerrilla Antifranquista. No acto de presentación celebrado na mañá de onte no Antigo Hospicio de Ferrol, participaron Mercedes Tobío, Carlos Babío, Iago Varela e Luzia Vecinho (Fundación Galiza Sempre).

Sociedade

Publica o teu comentario agora