Loitar ata o final

Loitar ata o final
30 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Toca loitar ata o final”, di a adestradora do Maniños, Noelia Leiras, logo de que o seu equipo perdera pola mínima cando busca distanciarse dos postos de perigo para asegurar a permanencia. En Culleredo, Sporting Burgo 1-0 Maniños. 

ESCOITA O PODCAST:

“O importante era non perder, xa que o Almeiras empatara e levámoslles cinco puntos”, lamenta a adestradora do Maniños. Faltan dous partidos para acabar a Liga na Segunda División Galega. “O partido foi complicado, bastante igualado por ambos equipos e cometemos algúns erros” sinala. O vindeiro partido, na casa contra o Cee, é decisivo. ”Esperemos ter o día e ter esa alegría dos tres puntos no Pote”.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora