Loitar saben

Loitar saben
05 de Novembro, 2022 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños - Orillamar. Volve a segunda división da Liga Feminina. Na quinta xornada, o Maniños recibe no campo do Pote ás coruñesas do Orillamar. Domingo ás 18:45 horas

ESCOITA O PODCAST:

Bo ánimo e realismo no Maniños.  “Estamos aprendendo, somos un equipo novo na categoría”, lembra o adestrador, Juanjo Iñiguez, Cebolo. Destaca que o equipo de Fene mantense de cuarto na táboa e este domingo xogará na casa contra o terceiro clasificado. O técnico aproveitou o parón na Liga para levantar o ánimo das xogadora co obxectivo de que saian a por todas trala avultada derrota do último partido contra o Unión Campestre. “Estamos aprendendo, somos un equipo novo na categoría”

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora