ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Batallou ata o final o Maniños. Marcou dous goles, pero non foron abondo para facerse cos tres puntos en Friol. Friol B 3-2 Maniños. Analizamos o partido coa adestradora, Noelia Leiras, e coa xogadora Olaya López.
“A actitude gustoume, pelexamos moito, a valoración é positiva, a pesar do resultado, que non me parece xusto”, resume Noelia Leiras. “Loitamos ata o final”, engade a Olaya López. “O fútbol ás veces é inxusto”, sinala a adestradora que tamén recoñece que “íamos cun hándicap, sen porteira” e destaca o papel baixo os paus da “valente Sofía, fixo un traballo espectacular”. Lorena Saavedra estreou o marcador (2’). Andrea Bellón marcou o segundo tanto do Maniños empatando o partido na segunda metade. O gol que deu a vitoria ao Friol B chegou no tempo de desconto. “Foi un golpe duro para nós”.
Publica o teu comentario agora