Loito animal

Loito animal
13 de Setembro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hachikō foi un can xaponés de raza akita ao que se recorda desde fai case un século porque pasou preto de nove anos agardando ao seu dono que morrera. Das despedidas falamos esta semana en Radio Fene coa veterinaria etóloga Noemí Graña.

 

ESCOITA O PODCAST:

Que os animais poidan despedirse dos seus titores ou doutros animais cos que conviven axúdalles a entender a perda e a superar unha situación que lles pode xerar trastornos de ansiedade por separación. “Que poidan despedirse é importantísimo porque notan esa ausencia, esa despedida é moi importante para o seu benestar”.  Notan esa ausencia. É importante que saiban que xa non está. Esa despedida é moi importante para o seu benestar. 

No Concello de Puerto Real, na provincia de Cádiz, acaban de poñer en marcha o chamado Protocolo Haru, para que os animais poidan despedirse dos seus titores falecidos no cemiterio e o tanatorio. “Unha iniciativa fantástica, apunta 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora