Loito en Porto do Son

Loito en Porto do Son

17 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Dous submarinistas faleceron e un terceiro resultou ferido tras envorcar a embarcación na que saíran a facer pesca submarina na Ría de Muros e Noia. Dous deles son veciños do Porto do Son e un terceiro de Ribeira (A Coruña). 

Segundo informaron fontes do 112, ás 1.10 horas deste domingo o servizo de emerxencias recibiu o aviso de que desde a tarde do sábado tres persoas estaban desaparecidas tras saír nunha planadora a pescar na na Ría de Noia.
Foron mobilizados os helicópteros 'Pesca 1', dependente da Xunta, e o 'Helimer 211', de Salvamento Marítimo, ademais do Servizo de Gardacostas e pesqueiros da zona.

Sobre as 3.30 horas foi localizada entre a zona de Xuño e cabo Corrubedo, a embarcación envorcada con dous tripulantes falecidos e un terceiro ferido que estaba agarrado, sendo evacuado polo 'Helimer 211' a un hospital de Vigo.

Pola súa banda, os corpos dos dous falecidos foron recuperados por un pesqueiro de Porto do Son, que os levou ao porto desta localidade coruñesa.

Sociedade