ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os animais, como as persoas, choran a perda dos seres queridos. Teñen pena se morre un compañeiro ou alguén da familia que os acolle. Dous anos é o tempo estimado que dura o duelo nas persoas. A partir de aí, se persiste, sería necesario tratamento médico. En cans non se sabe a duración do duelo. Explicou en Radio Fene a veterinaria etóloga Noemí Graña en resposta á unha pregunta formulada pola audiencia de Radio Fene.
Acompañalo moito, xogar e reforzar o vínculo con el son opcións para consolalo. Cando se trata dun cachorro pode ser unha boa opción traerlle un compañeiro. Nun cachorro, a capacidade de recuperación e adaptación é maior, igual que un neno. Máis complicado se o can é vello. As veces requírese terapia farmacolóxica, sinalou Noemí que tamén falou de como actuar para asegurar unha boa convivencia cando chega un can novo á casa.
Publica o teu comentario agora