Loito por Josefa

Loito por Josefa
08 de Abril, 2025 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene realizou esta mañá unha concentración, convocada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, na que se gardou un minuto de silencio dedicado a Josefa. Para lembrala e para denunciar que hai homes que matan ás mulleres.

ESCOITA O PODCAST:

Tiña 76 anos e matouna o seu home. Nunha parroquia do Bolo, na provincia de Ourense. Josefa Fariñas nunca denunciara ao marido, o home que a matou. Ela é a primeira galega asasinada este ano. En España van sete. Desde que se recompilan estes datos en España, no ano 2003, a 1.301 mulleres quitáronlles a vida as súas parellas ou homes cos que conviviran. Non hai palabras que expliquen tanta violencia. 

Institucional

Publica o teu comentario agora