Loito por Lorena

Loito por Lorena
06 de Setembro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Lembramos esta semana en Radio Animal a Lorena Fernández Romero, fundadora de IndiCan, natural de Fene e veciña de Mugardos, que finou o domingo 30 de agosto. A calor e a volta á rutina son outros temas que comentou a veterinaria etóloga Noemí Graña.

ESCOITA O PODCAST:

“Involucrada na defensa dos dereitos dos animais, non se rendía nunca”. Foi unha muller comprometida e loitadora. Noemí Graña dedicoulle un recordo emocionado a Lorena Fernández, unha das persoas que colaboraron na iniciativa de crear o espazo radiofónico Radio Animal. 

No programa desta semana tamén nos contou a colaboradora de Radio Fene que cans e gatos poden ter problemas de adaptación tanto cando os titores acaban as vacacións como cando as comezan porque nos dous casos cambian as súas rutinas. 

As altas temperaturas deste verán e as feridas causadas a unha veterana das gladis, a candorca que ten furados na aleta causados por perdigóns son outros dos asuntos que comentou Noemí nesta edición de Radio Animal.



 

Sociedade

Publica o teu comentario agora