ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Amplo rexeitamento ás probas de sexto de educación primaria. O ano pasado houbo un 20 % de absentismo. Este ano dous de cada catro alumnos dese nivel non foron a este exame que gañou a oposición de toda a comunidade educativa. Segundo a Federación de ANPAS, o 80% das familias amosaron a súa oposición e non participaron nos polémicos exames. Hoxe segundo día da reválida.
Como exemplo, no colexio Os Casais de Maniños en Fene non se presentou ningún dos nove que cursan sexto. O comportamento no colexio Centieiras de Perlío foi máis plural acudindo o 30% do alumnado aos exames. De trece alumnos que cursan sexto no centro de Perlío só catro se presentaron ás probas.
Nun colexio de Becerreá en Lugo, denuncian o acoso que sofreu un neno despois de deixar a reválida en branco. Un inspector de Educación enviouno apartado a un aula onde permaneceu toda a mañá. A Federación de ANPAS reclama unha investigación.