ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Décimo aniversario da Tenencia Teatro. Celébrase ese sábado na Agrupación Instrutiva de Caamouco. Falamos coa directora deste grupo amador, Eugenia Sanmartín, deste e doutros proxectos nos que traballa.

Para festexar que levan dez anos facendo teatro este sábado, ás oito da tarde, actrices e actores subirán de novo ao escenario para deleitar ao público da representación da obra “A culpa de Laura”. Con texto de Beni Suárez e dirixida por Eugenia Sanmartín, que tamén anda ultimando preparativos dunha produción que estrearán o día 30 no Teatro Colón da Coruña. A obra “Non precisamos perdoar” trata sobre a represión exercida polo Patronato de Protección á Muller. O proxecto deste espectáculo recibiu un dos Premios Luisa Villalta 2025 á igualdade, que concede a Deputación da Coruña. Tamén conta con unha achega do Instituto da Muller do Ministerio de Igualdade para a creación artística. Foi A estrea terá lugar o vindeiro día 30 no Teatro Colón da Coruña, ás nove da noite. As entradas xa están á venda.
Eugenia Sanmartín agradece todos os apoios que permitiron poñen en pé o espectáculo. Ademais da Deputación e o Ministerio, contaron coa colaboración do Concello da Coruña. Outras entidades que colaboran prestando espazos de ensaio Agrupación Instrutiva de Caamouco, onde fixeron a primeira función o día 22 de marzo; a Asociación Veciñal Santa Eulalia de Limodre, a Liga de Amigos de Barallobre e o Padroado de Cultura de Narón. O proxecto nace grazas a coñecer a Belén López Cillero que ten unha exposición na Casa Museo Casares Quiroga ata finais de xullo “Por que ninguén falou delas?”, o mesmo título do libro que presentou na Casa da Cultura de Fene, lembrou Eugenia.
Publica o teu comentario agora