Lope de Vega, o San Xoan e Ortigueira

Lope de Vega, o San Xoan e Ortigueira
22 de Xuño, 2026 - 10:19 h. | Publicada por Radiofusión

Xa no século XVI se celebraba a noite de San Xoan na Coruña. A festividade impresionou a Lope de Vega que deixou por escrito constancia da súa estancia de mes e medio na cidade herculina. Nun poema fálanos das gaitas da Coruña. Noutros dous refírese ao escudo de Ortigueira e fala dun tal Lorenzo de Ortigueira. 

Fotografía Xan Xe

O insigne escritor participou na denominada Armada Invencible de Felipe II. Desde Lisboa chegou á Coruña o 19 de xuño de 1588, gozou da noite de San Xoan na cidade herculina, que abandonou o 22 de xullo. Ia no galeón San Juan, a mesma nave na que tamén navegou o xentilhome Alonso de Orozco que logo edificará o pazo da Ribeira de Maniños. 

Lope de Vega fara un romance satírico onde di:

“San Juan, quedaos con Dios/ que deste valle se juntan a celebrar vuestra noche / entre verbenas y murtas / los panderos de Madrid / las sonajas de Setubal/ los cascabeles de Yepes/ las gaitas de A Coruña”

Lope de Vega fai na súa obra tamén mención en duas ocasións a Ortigueira:

Oye un rato, Lorenzo de Ortigueira, 

gallego, pero no tanto

que no tuviese en Castilla

como, de limosna un cuarto

entró más galán que él solo

si bien por ser corto y ancho

era nabo de su tierra

fértil de hidalgos y nabos.

 

Noutro poema, incluido na obra el Primer Fajardo, describe o escudo de Ortigueira:

La villa de Santa Marta

de Ortigueira el solar

de este mismo nombre que el mar

cerca de su sitio aparta

y cuando de armas te acuerdes

y tengas mil lunas moro

yo tengo en campo de oro

tres matas de ortigas verdes

siete hojas cada mata

hace el blasón mi solar

sobre tres rocas del mar

con ondas de azul y plata.

 

Este diálogo que sosten o personaxe Xoan Galego co moro Abenalfaya fai unha mostra descritiva do escudo nobiliario de Ortigueira, cidade da xurisdicción dos Fajardo. 

Lope de Vega nacido en Madrid en 1562 está considerado un dos máis importantes poetas e dramaturgos do Seculo de Ouro. Pola extensión da súa obra, considerase un dos autores máis prolíficos da literatura universal.

 

 

Na imaxe, preparando o polbo á feira no Feirón de Pontedeume.

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora