Lorenzo Blach gaña o Luís Ksado de fotografía

Lorenzo Blach gaña o Luís Ksado de fotografía

03 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Amador Lorenzo Blach, nacido en Bueu e afincado na Coruña desde o ano 2001, é o gañador da décima edición do premio de fotografía Luís Ksado que convoca a Deputación coruñesa. Así o decidiu o xurado do premio, reunido no Pazo de Mariñán e do que formaron parte o fotógrafo de moda Manuel Outumuro; Joan Fontcuberta; Manuel López; José María Díaz Maroto; e Xurxo Lobato. Todos eles repasar

Finalmente, optaron pola obra "Tudo isto e fado", presentada por Amador Lorenzo Blach porque " se trata dunha coherente proposta de documentalismo subxectivo que, en sintonía coas correntes contemporáneas, evocando a experiencia dun Portugal sumido na crise, mostra como o fado invade o sentimento do fotógrafo". Segundo os membros do xurado, as imaxes presentadas polo xa gañador do premio "trazan unha lectura poética e intimista, con resultado plástico de gran forza visual".

Biografía do gañador

Amador Lorenzo Blach, ao que o presidente da Deputación comunicou o fallo do xurado, naceu en Bueu en 1976. Aínda que comezou a súa vida laboral traballando na panadaría familiar, no ano 2001 trasladouse á Coruña para formarse como técnico superior en Imaxe e Son. Desde o ano 2002 e até o 2005 traballou como cámara de televisión, para pasar despois a colaborar como redactor gráfico en diferentes medios de prensa escrita.

 

Sociedade