Lorenzo Soler rememora a oposición á A9 que filmou hai 30 anos

Lorenzo Soler rememora a oposición á A9 que filmou hai 30 anos

28 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A obra pública máis determinante para a historia de Galicia no século XX ben puidera ser a autoestrada do Atlántico, a A9. A concentración da poboación no litoral e a dinamización económica e social da faixa atlántica chegaron dacabalo desa vía, cuxo primeiro treito, o que unía Santiago coa Coruña, inaugurouse hai xa tres décadas. Houbo que agardar a 2001 para que se completase o traxecto entre Vigo e Ferrol. Hoxe a A

O director, que iniciara en Galicia, unha traxectoria no campo do cine de vangarda e o documental ateigada de recoñecementos, retorna de cote á Comunidade e concede que, tamén coa axuda da A9, progresou moito nestes anos. Mais Soler apunta que as reclamacións e a loita dos labregos contra a autoestrada non eran contrarias o progreso, senón unha oposición contra unha ocupación indiscriminada da terra, que afectaba tanto á paisaxe como aos seus ocupantes.

A historia de Galicia nos anos do tardofranquismo segue a ser obxecto de interese fílmico para Lorenzo Soler quen vén de traballar nun proxecto verbo do traballo da súa compañeira, a fotógrafa Anna Turbau, naquel tempo no que, integrados no colectivo Cine de Clase, retrataban a realidade do campesinado e as zonas menos desenvolvidas nun momento de transformación no Estado.

Cultura