Lori Meyers, cabeza de cartaz da cuarta edición do FIV

Lori Meyers, cabeza de cartaz da cuarta edición do FIV

03 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O grupo de indie-pop granadino Lori Meyers será o cabeza de cartaz da cuarta edición do Festival Independiente de Vilalba (FIV), que se celebrará o vindeiro 26 de marzo na  Praza da Constitución. Así o evento muda de data, celebrábase o 21 de agosto, para evitar a coincidencia coa abundante programación de ocio do verán.

Ademais de Lori Meyers xa está confirmada a presenza dos bilbaínos We Are Standard, O vigueses Munich e unha das máis destacadas DJ da escena electrónica. Segundo Pablo Durán de Terra Chá. xa, quedaría pendente a contratación dun quinto grupo como vén sendo habitual no festival vilalbés.  

A presenza de Lori Meyers suporá un dos gran atractivos desta cuarta edición do festival. É un dos principais grupos do panorama da música independente en España e atópase actualmente de xira de presentación do seu cuarto álbum, ‘Cuando el destino nos alcance’.

Sociedade