ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación Cutinocho, organizadora da Festa dos Botes de Arzúa, aposta neste 2009 por unha volta ao pasado, aos festivais indies. Por este motivo, os granadinos Lori Meyers, banda consolidada no panorama alternativo, serán os cabezas de cartel dunha celebración que terá lugar do 7 ao 9 de agosto. O festival será o sábado, e ademais dos andaluces subirá
Como en anteriores edicións, a festa inclúe o certame de lanzamento de pucheiros e outros xogos tradicionais. O venres terá lugar tamén un Festival Folk e o domingo os asistentes á Festa dos Botes poderán tomar parte nunha comida á beira do río.
A Festa dos Botes é unha celebración de orixe pagá e espírito irónico, unha das máis antigas da comarca. De feito, hai documentos que acreditan a súa existencia a comezos de século. Houbo épocas nas que estivo prohibida como, por exemplo, nos anos 50, cando o goberno civil eclesiástico vixiaba os excesos, os veciños máis bromistas decoraron a igrexa con latas e cacharros, o párroco enfadouse e non se volveu celebrar a festa ata o ano 1982.