Los Planetas poñen os alicerces da súa pirámide en Vilagarcía

Los Planetas poñen os alicerces da súa pirámide en Vilagarcía

01 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

As obras na casa do faraón J van de vagariño. A banda máis egrexia da escena alternativa española e o faro do rock cantado en castelán resolve unha débeda con Galicia. Hai agora un ano Los Planetas escribían o “Libro del Universo” e o Festival do Norte ía ser o escenario para amosar os bosquexos desa obra. Os borróns que lles caían polas páxinas impedíronlles chegar a tempo ao compromiso e Vilagarcía ficou

“Una Ópera Egipcia”, que está a recoller os parabéns da crítica, recompila os moitos paos, non necesariamente flamencos, que a banda liderada polo letrista e cantante J e o guitarrista Florent vén tocando dende os inicios da súa carreira, hai sete discos xa. Entre a variedade de estilos do álbum hai oco para dous duos interpretados xunta a La Bien Querida, unha das cantantes revelación do indie español en 2009. A presenza dela e dos granadinos na mesma xornada do Festival permitirá que poidan interpretar en directo os dous temas que comparten neste traballo: “No sé cómo te atreves”, sinxelo de presentación, e o tema electrónico “La Veleta”. Será un privilexio para o Festival do Norte que debera axudar a compensar a ausencia do pasado ano.

Canda Los Planetas e La Bien Querida, que actuarán ás 23.45 horas no recinto feiral Fexdega da vila arousana, completan o cartel da segunda xornada do festival os seguintes grupos: os ferroláns Carrero Bianco, Los Punsetes, Nudozurdo, Pete & The Pirates, JJ, El Guincho, DJ Polar e DJ Poti.

Cultura