Los Tigres del Cañotas actuan no Festival por Astano

Los Tigres del Cañotas actuan no Festival por Astano

21 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG e Galiza Nova presentaron en roda de prensa esta mañán a festa que promoven co fin de demandar o levantamento do veto a Astano e que se celebra dentro dunha semana, o sabado 29 de maio no Paseo Marítimo de San Valentín, baixo o lema “Xuntos-as por Astano. Sabemos e queremos construir barcos”

Abriráse a xornada lúdico –reivindicativa cun pasarruas ás 12 da mañán e pecharáse cun festival de musica amenizado por Xurxo Souto, dende as 9,30 da noite. A sesión vermout , antes do xantar, terá a Los Tigres del Cañotas como animadores. O xantar popular, con empanada e churrasco servirao no mesmo paseo o Mesón do Cabazo cun prezo de menú a 12 euros. Os postos de comida quedarán todo o día. 

No paseo marítimo de San Valentín colocaránse xogos, colchonetas, haberá contacontos e cantareiras durante a tarde, para nenos-as. O responsable de Galiza Nova en Fene, Alberte García, e a Concelleira nacionalista, Inás Roca, xustificaron en roda de prensa o sentido desta xornada lúdica pero tamén reivindicativa.

Xurxo Souto conducirá un Festival dende as 9,30 da noite no que participarán Fenéticos, Arredemo, PunKomido, Estimaba que viñeras e Membrillo Fanegas. Para os que queran continuar ata tarde, haberá sesión de Djs con Josy da Graver; Borja Martínez e Gavo Vázquez. 

Sociedade