Loscorderos a la intemperie en Ferrol

Loscorderos a la intemperie en Ferrol

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A praza de Armas  convertiráse o venres 6 de marzo en escenario improvisado dun dos proxectos artísticos máis transgresores da compañía catalana Loscorderos.sc.

Leva por título “A la Intemperie” e así será, xa que o espectáculo programado  no Centro Cultural Torrente Ballester mudará de lugar e se botará á rúa, a ceo aberto, para que tódolos ferroláns e ferrolás  poidan disfrutar de balde do teatro  físico en estado puro. Avanzaba a edil de Cultura, Mercedes Carbajales, que a acción comezará ás sete da tarde nos soportais do pazo municipal. A actividade de mañá permitirá ofrecer ao público ferrolán unha linguaxe diferente da creación escénica contemporánea. Unha mistura de danza, teatro físico e música en directo. Deste xeito e ao longo de trinta e cinco minutos, Loscorderos.sc sae á rúa para reencontrarse cos seus inicios, xa que no teatro de rúa comezaron algúns dos seus compoñentes. Así, baixo os soportais da praza do pazo municipal estarán David Climent, Nacho Vera, Pablo Molinero e Pablo Rega.  

Sociedade