ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A loucura non é ningunha broma, non é creativa, nin romántica, nin marabillosa. É unha patoloxía dolorosa e terrible que fai sufrir a quen a padece e ao seu entorno máis próximo, afirma o escritor Antonio Tizón, un dos impulsores do proxecto “Non hai espellos nos manicomios”. Tizón padece un trastorno bipolar, medicado e controlado desde hai anos.Aser Alvarez dirixe este proxecto multimedia sobre saúde mental que contou coa gravación e montaxe de Antón Ramos.
As enfermidades mentais non se tratan con normalidade na sociedade. En Radio Fene, Antonio Tizón puxo como exemplo a un familiar seu que ten dúas fillas, unha delas con trastorno bipolar. Quere ocultar a patoloxía e falar o menos posible dela. “Non hai espellos nos manicomios” preséntase este xoves ás oito da tarde no Auditorio da Deputación da Coruña. O acto serve como antesala do Dia Internacional da Saúde Mental, que se conmemora este sábado.
Publica o teu comentario agora