Loucura ou maldade

Loucura ou maldade
20 de Xaneiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

A poderosa familia do pederasta que matou a María Silveira fai todo o posible para salvalo. O seu tío, Sáenz de Gondomar, cítase na Coruña co policía Pereiro e con Pedro Souto Varela.

ESCOITA O PODCAST:

“Ten que recoñecer, comisario, que o noso sobriño Francisco, máis que un home malvado, é un enfermo mental, como todos os pedófilos”, afirma Sáenz de Gondomar nos cinco capítulos de Lobos Doentes que Radio Fene emite este venres. Estas verbas non convencen, en absoluto, a Sánchez Pereiro. “Estou ata os collóns desa cantilena que confunde a loucura coa maldade, coa perversidade”, responde o comisario tras deixar claro que o crime da muller do seu amigo, Gustavo Gallego, non vai quedar impune. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.



Na imaxe, César, intérprete do psiquiatra Viqueira.

Fotografía Xan Xe.

Cultura

Publica o teu comentario agora