Louzán négase a declarar e segue imputado

Louzán négase a declarar e segue imputado

27 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acolleuse ao seu dereito a non declarar no xuízo que o investiga a el, á súa dona e o deputado provincial popular Severino Reguera por un presunto delito de suborno. O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados decidiu que os tres seguisen imputados na causa, segundo indica o xornal dixital http://praza.gal/politica/9096/louzan-negase-a-declarar-e-seguira-i

O presidente da Xunta Alberto Nüñez Feijóo referiuse a ese sumario argumentando que se trata "dun tema persoal e non institucional". Atribuiu a negativa a declarar a "unha estratexia dos avogados". "Consideramos imprescindibles que o señor Louzán dea expicacions de inmediato porque, á vista das informacións que lemos hoxe, chámanos a atención que non quixera declarar diante do xuíz malia gravidade dos feitos", declarou o voceiro do PSdeG PSOE na Deputación pontevedresa.O grupo socialista pide ademais un pleno extraordinario no organismo provincial sobre a investigación, que indaga se Reguera pagou sobreprezo polo alugueiro dun baixo do presidente e da súa muller a cambio de favores políticos. Con todo, o PSdeG non ten representantes dabondo para lograr en solitario a convocatoria, teñen seis escanos e necesitan sete, polo que deberían sumar o apoio do BNG.

Sociedade