Love of Lesbian tocará o 21 de Agosto no FIV de Vilalba

Love of Lesbian tocará o 21 de Agosto no FIV de Vilalba

21 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Xa hai data e cabeza de cartel para a III Edición do Festival Independente de Vilalba (FIV). Será o 21 de agosto cando Love of Lesbian salten ao escenario, instalado na Praza da Constitución para dar mostra do por qué é un dos grandes valores da música española dos últimos anos. O grupo catalán actuará na Terra Chá como parte da súa xira de presentación do seu último traballo, “1999 (o cómo generar

Love of Lesbian é unha formación nacida en Barcelona en outono de 1998 e que conta con seis discos no seu haber. Ademais de “1999”, editaron Microscopic Movies (1999), Is it Fiction? (2002), Ungravity (2003), Maniobras de escapismo (2005) e Cuentos chinos para niños del Japón (2007). A banda xa tocou en grandes eventos en España, como o Festival de Benicassim, ou o Eristoff Internative Festival. Insertos na música pop de corte indie, o seu último traballo aproximou o seu son ata cotas mais complexas, ao engadir sintetizadores e unha produción mais enriquecida, o que deixa unha música mais bailable. O seu directo é un dos seus sinais de identidade, co que non deixará a ninguén decepcionado.Ademais de Love of Lesbian, desde a Concellería de Xuventude, encabezada por Jesús Bermúdez, anúnciase que contarán con outros tres grupos “importantes”, que poderían pecharse nos próximos días. O orzamento deste festival, organizado polo Concello de Vilalba conta cun orzamento duns 40.000 euros. Stereolab acompañará a Love of Lesbian. Os cántabros Estereotypo serán un desas tres formacións que acompañarán a Love of Lesbian, segundo adiantou hoxe Jesús Bermúdez. Este grupo, autodefinido como “un “espectáculo itinerante de rock y baile”, presenta´ra en Vilalba o seu último traballo “Love Your City”, que foi masteirzado por Mike Marsh (Chemical Brothers, Phoenix,…) e é unha fusión de indie rock con música electrónica.

Cultura