Luís Caramés: “O medo de Alemaña á inflación leva ás veces a aplicar curas de cabalo”

Luís Caramés: “O medo de Alemaña á inflación leva ás veces a aplicar curas de cabalo”

26 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Compostela acolle o XIX Encontro de Economía Pública baixo o epígrafe “Políticas Públicas para a saída da crise”, un evento no que participa dende hoxe profesores dunha trintena de centros académicos de todo o mundo, canda expertos da Comisión Europea, do Bundesbank, do Banco de España, do Banco Central Europeo, do Consello de Contas e de todas estas institución cuxos designios lemos con pavor cada día nas páxina

A inauguración do Encontro tivo lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia coa conferencia do “reputadísimo” profesor da Universidade de Yale John Roemer, un destacado economista polas súas achegas no eido do marxismo analítico e a teoría da xustiza distributiva. Esta última liña de pensamento está arestora no cerne do debate económico porque, segundo Caramés, “se realmente imos voltar a un capitalismo salvaxe, sería a fin do do estado do benestar e un desastre”. 
 
En base a grupos independentes de reflexións, os especialistas porán en común os seus traballos analíticos no campo das políticas públicas na procura de atopar respostas á profunda recesión económica actual dende o sector público. O catedrático galego ten a súa propia diagnose e coida que na orixe de “case todo” o que houbo foi “unha mestura de avaricia desmedida cunha enxeñería financeira que facilitou que se propagase e contaxiase a crise por todo o mundo”. Luís Caramés explica que na análise da situación “é moi difícil ter a verdade ao cen por cen”, mais resolve que os mercados funcionan mal “cando son moi imperfectos e non hai ningunha regulación”.
 
O experto en Facenda Pública defende as medidas de control de gasto que se están a implantar por parte das administracións nos últimos tempos, mais precisa que non é partidario do “axuste polo axuste” e advirte que ao “poñer a casa en orde” cómpre procurar “que o enfermo sande pero logo que non morra de saúde”. A este respecto coida que a doutrina económica que Alemaña está a impor en Europa é filla da súa “xenética”, apoiada nun “medo case ancestral á inflación que leva ás veces a aplicar curas de cabalo”.  É por iso que Luís Caramés pensa que a economía tamén precisa “estímulos”. 
Sociedade