ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Trátase dun dos grupos de música galega máis internacional. Venderon máis de 300.000 copias do seu último disco. No mes de xaneiro grabaron un novo traballo en directo no Teatro Colón da Coruña, contando coa colaboración de músicos como Luz Casal, Pedro Guerra, Diana Navarro ou Ismael Serrano.
Luar na Lubre ofrecerá concertos no Teatro Jofre de Ferrol e no Teatro Principal de Ourense os días 19 e 25 de xuño, dentro da súa exitosa xira ‘Luar na Lubre. Ao vivo’.
Logo dun cuarto de século sobre os escenarios de medio mundo, Luar na Lubre gravou o pasado mes de xaneiro no Teatro Colón Caixa Galicia o seu primeiro disco en directo, un repaso a toda a súa traxectoria.
‘O mellor grupo celta do mundo’, en palabras do músico de renome Mike Olfield, comeza agora unha xira na que, coma no seu último disco, poderanse escoitar os grandes éxitos da súa extensa e fértil carreira. Os billetes para os dous recitais están xa á venda na web do Jofre e mais en www.caixagalicia.es.
Luar na Lubre é neste momento o grupo de música folk máis importante do Estado. Dos seus últimos seis discos para a Multinacional Warner venderon máis de 300.000 copias, un rexistro único dentro do xénero.