Lucas Pérez conmoveunos

Lucas Pérez conmoveunos
03 de Marzo, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A historia de Lucas Pérez, o abandono que sufriu na infancia, a súa historia de superación e como lle afectou que o seu pai reapareza agora para pedirlle cartos fainos empatizar con este futbolista coruñés. De empatía falamos en Radio Fene co psicólogo e adestrador físico José Barcia Tuccelli.

ESCOITA O PODCAST:

A vida de Lucas Pérez é moi distinta da que temos dos futbolistas como privilexiados, millonarios que pasan a vida correndo tras dunha pelota. Non empatizamos con eles porque os vemos como persoas moi distintas a nós. “Vivimos etiquetando todo porque nos facilita identificar ás persoas, se son dos nosos ou non”, explica Barcia Tuccelli. A falta de empatía xera problemas na sociedade. Nenos e nenas non teñen prexuízos ata que llos fomentamos os adultos. É importante educar na diversidade. Para respectar ás persoas independentemente da súa condición. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora